8 oct 2013

Chelo Martínez e Antón Sánchez denuncian a pasividade de Industria perante as graves irregularidades no plan de inversións de Unión-Fenosa


Antón Sánchez e Consuelo Martínez aseguran de que se non se actúa contra á empresa estarase a incorrer nun delito de prevaricación omisiva.
Consuelo Martínez e Antón Sánchez fixeron público en rolda de prensa as irregularidades detectadas polos propios técnicos e que foron remitidas á consellería. Entre elas, o informe desfavorable ao plan anual e plurianual de investimento para o período 2012-2015 por parte de Unión –Fenosa.
Alternativa Galega de Esquerda denunciou en rolda de prensa o posible delito de prevaricación omisiva no que pode incorrer o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Bernardo Taoces, ao non actuar contra as graves irregularidades cometidas pola empresa Unión-Fenosa Distribución S.A. e que foron xa denunciadas polos técnicos do servizo da Xefatura territorial da Coruña hai máis dun ano.
Consuelo Martínez e Antón Sánchez fixeron público en rolda de prensa as irregularidades detectadas polos propios técnicos e que foron remitidas á consellería entre as que se atopa o informe desfavorable ao plan anual e plurianual

Comunicado perante a explosión no concello de Beade

Dende Anova Salnes queremos suscribir o comunicado realizado por Alternativa Galega de Esquerda perante a explosión dun artefacto no Concello de Beade. Nin tan sequera as mostras de franquismo, autoritarismo, fascismo e desprezo polo ser humano merecen o uso da violencia. Este non é o camiño da revolta cívica que dende Anova - Irmandade Nacionalista propugnamos. 
 Deixamos, a continuación, o texto de AGE: 
 Alternativa Galega de Esquerda manifesta a súa condena a todo tipo de violencia. Alternativa Galega de Esquerda, en relación á explosión rexistrada na Casa Consistorial de Beade (Ourense), quere manifestar o seu rexeitamento ao ataque perpetrado contra a Casa do Concello de Beade. Trátase dun ataque contra a casa do pobo e, xa que logo, dun acto de violencia que ataca á cidadanía, ao conxunto de vecinos e veciñas de Beade. Por todo isto, unha vez máis desde Alternativa Galega de Esquerda insiste en que condena calquera tipo de violencia sen distinción de ningún xénero.

4 oct 2013

O PP despreza á oposición e pecha en falso a comisión das caixas



Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Antón Sánchez, denunciou, máis unha vez, “o paripé amañado en que o Partido Popular converteu, dende o inicio, a comisión das caixas”. 


Esta mañá, en sede parlamentaria, a formación do señor Núñez negou toda concesión aos grupos da oposición e impediu, co seu xeito totalitario de entender a vida parlamentaria, pechar en falso o órgano de investigación do proceso que rematou coa aniquilación das vellas caixas de aforros. Non haberá máis comparecencias nin máis documentación, tal e como demandou a oposición. “Parece que a Xunta ten algo que ocultar”, engadiu Sánchez.

Para Alternativa, a comisión debería volver solicitar as comparecencias de Marta Fernández Currás –ex conselleira de Facenda e actual secretaria de Estado-, de Miguel Ángel Fernández Ordóñez –ex gobernador do Banco de España- e de Joaquín Almunia –comisario europeo. Ningún deles se dignou a pasar polo Parlamento de Galicia, malia as súas enormes responsabilidades na liquidación do sistema financeiro galego. O PP non considera relevantes os seus testemuños directos.

Pero é que ademais, na comisión faltou documentación moi relevante. A autorización do Consello da Xunta á fusión de Caixa Galicia e Caixanova non se puxo a disposición dos deputados do Hórreo. “Non sabemos se foi xa para a trituradora de papel ou que pasa”, sinalou o parlamentario de AGE, “pero non foi entregada”. Tampouco houbo explicacións cumpridas sobre o que a Xunta denominou, nun embuste de calado, “auditorías” sobre as entidades encargadas a empresas privadas e que non foron máis ca informes á carta. Literalmente. As misivas coas que o Goberno galego encargou eses informes falsamente chamados “auditorías” non figuran entre a documentación a disposición do Parlamento. Acontece o mesmo co caderno de vendas, que fixa o valor da actual NovaGaliciaBanco e que Alternativa Galega de Esquerda solicitou da Xunta en numerosas ocasións.
 
Así as cousas, AGE non participará na ponencia da comisión das caixas. “Estamos fartos do escurantismo que o PP aplica, nega información e calquera iniciativa da oposición”, conclúe Antón sánchez, “así que non ten sentido participar desta farsa”.

Asemblea comarcal de Anova Salnés pola Fronte Ampla para a ruptura democrática

Este sabado 5 de Outubro teremos no edificio de exposalnes en Cambados, a partires,das 18 horas unha nova asemblea aberta do grupo comarcal de Anova-IN.

Nesta ocasión, ademais de outras temas de interes comarcal e nacional, poremos especial enfase no impulso por parte de Anova dunha fronte ampla coa que concorrer as proximas eleccións europeas, para o cal contaremos coa participación de Luis Eyre, Responsable de Relacións Políticas e membro da CN de Anova, que nos ofrecera información neste senso.


A asemblea insértase no proceso de deliberación e toma de decisión das bases de cara á conformación dunha candidatura electoral. A lóxica coa que funciona Anova - Irmandade nacionalista obriga e permite este exercicio de transparencia e participación co cal queremos volver a ilusionar á xente do común e acerca-la á política, facendo que se involucre nela e expoña as súas ideas, pareceres e inquedanzas. Como sempre, este sera un acto aberto a cidadania, onde calquera de vos pode acudir e dar a súa opinión ou facer propostas.







ORDE DO DÍA
1.- Información e debate sobre a proposta de creación dunha Frente Ampla para concurrir as eleicións europeas.
2.- Información sobre diversas problemáticas de ámbito comarcal e posicionamento e accións dos Grupos locais de ANOVA ao respecto
Tema emigrantes retornados, expedientados por facenda por non declarar as pensións que perciben da emigración.
Tema mariñeiros propietarios de embarcacións menores con problemas para regularizar as súas embarcacións…
Tema Campo de Golf do Grove.
3.- Organización comarcal e das distintas Asambleas locais do Salnés
Revisión da organización comarcal (coordinadora comarcal; responsabilidades; …)
Informe sobre o estado das contas comarcais e da Loteria de Nadal 2013.
Eleición da persoa que se incorporará a Coordinadora Nacional en representación da Área do Salnés
Información sobre os grupos de traballo de áreas específicas que se están a organizar a nivel nacional.
4.- Varios.

ANOVA CONVOCA UNHA ASEMBLEA PARA PRESENTAR A PROPOSTA DE CONSTITUCIÓN DUNHA FRONTE AMPLA PARA AS ELEICIÓNS EUROPEAS 2014

Será o sábado, 5 de Outubro as 18.00 H. en Exposalnés – Cambados, e na mesma participará o Comisionado nacional de Relacións Políticas de ANOVA, Luis Eyre Dieguez

As agrupacións locais de ANOVA Irmandade Nacionalista do Salnés teñen convocada para este sábado unha Asemblea coa finalidade de presentar a proposta de configuración dunha Frente Ampla de cara as próximas eleicións ao parlamento europeo do 2014.  Terá lugar as 18.00 Horas no Edificio Exposalnés – Cambados e como todas as asambleas de ANOVA será aberta non só a militantes e simpatizantes, senón a todas aquelas persoas as que lles interese coñecer a proposta ou aportar o seu grao de area para colaborar nunha alternativa política e social contra as políticas dos gobernos actuais.

Para a presentación da proposta aprobada pola Coordinadora Nacional de ANOVA participará na Asemblea, Chelo Martinez, deputada de A.G.E., e Luis Eyre Dieguez, Membro da Dirección Permanente Nacional e Comisionado de Relacións Políticas.  Eyre e un dos membros de ANOVA que está a participar nas xuntanzas con outras organizacións políticas as que se lle presentou a proposta de constitución da Frente Ampla.

Como se explicita na proposta aprobada (preme aqui) a Frente Ampla pretende ir incluso máis ala do obxectivo de conseguir representación no parlamento europeo, senón tamén ter a oportunidade de intervir e incidir no proceso de fin de réxime cara a un novo ciclo político que está a ser propiciado polo activismo da cidadanía.

A crise económica e os seus efectos sobre as maiorías sociais pola xestión que daquela se está a facer; o desemprego e os recortes en dereitos e liberdades sociais; a situación da UE secuestrada por institucións "tecnocráticas"; a posibilidade da fin do réxime nacido da transición, e os efectos que todo iso ten nunha Xunta de Galicia e demais institucións autonómicas cada volta máis inservíbeis para a cidadanía galega, reclaman que traballemos combinadamente en todos eses ámbitos.

ANOVA mantivo dende a súa creación unha aposta nídia pola unidade de acción tanto das forzas nacionalistas como da esquerda e dos movementos cívicos. Esa aposta e a que lugar por exemplo nas últimas eleicións a coalición eleitoral Alternativa Galega de Esquerdas.  O que se pretende agora e impulsar un proceso de creación dunha Fronte Ampla nunha primeira instancia a nivel da nación galega como suxeito político soberano, e posteriormente traballar para a constitución dunha plataforma integrada por forzas similares do resto do estado español. Isto concretouse nun acordo que se resume nos dous puntos seguintes:


1. Facer un chamamento a todas as forzas políticas galegas nacionalistas e da esquerda rupturista, aos movementos cívicos, para dialogar e conformar un acordo de unidade de acción electoral para as eleccións europeas baixo a fórmula dunha fronte ampla non excluínte.

2. Facer un chamamento ás organización políticas, e tamén ás plataformas e organizacións cívicas das outras nacións, para que baixo o principio do máximo respecto á autoorganización de cada unha delas, constitúan o seu suxeito político plural disposto a partillar connosco nunha coalición electoral que teña como propósito común a loita pola fin do réxime, a ruptura democrática e a democracia real.


OUTROS TEMAS DA ASEMBLEA COMARCAL

Os asistentes a Asemblea de ANOVA tamén terán ocasión de coñecer os posicionamentos de ANOVA – Salnés sobre diversas problemáticas de ámbito comarcal como é a situación dos emigrantes retornados, aos que a Axencia Tributaria lles está a mandar Expedientes sancionadores pola non declaración das súas pensións do extranxeiro; ou o caso dos mariñeiros propietarios de embarcacións menores con problemas para regularizar as súas embarcacións. Dende ANOVA xa manifestamos públicamente o noso apoio as demandas destes dous colectivos. 


Xa no nivel organizativo, debatirase a situación da organización a nivel comarcal e elixirase a persoa que se incorporara a Coordinadora Nacional de ANOVA en representación da área comarcal do Salnés.

3 oct 2013

Anova – Ogrobe considera nefasta a xestión da concelleira Ayda Filgueira



Califícana de “incompetente”, que non so é incapaz de cumprir o seu programa, senón incluso  de manter os servizos que xa tiña o Concello, e que debería explicar porque dende a súa área sempre se beneficia a mesma persoa – empresa.

Jean Cocteau dixo “Un vaso medio baleiro é tamén un vaso medio cheo, pero unha mentira a medias, de ningún modo é unha media verdade”. Así e como vemos dende ANOVA - O Grove a intervención da Concelleira Aida Filguiera o pasado xoves no pleno e os reportaxes-entrevista de autobombo que sairón nos medios de comunicación ao respecto…
A realidade e que nos atopamos diante dun fraude, primeiro aos seus votantes por incumprir o seu programa eleitoral, e segunto a todos os cidadáns, porque estamos diante dunha concelleira inoperativa, que non e capaz de manter sequera todo o traballo que se estaba a facer nas súas áreas, nin de defendelas diante dos recortes que lles imponen tanto dende a Xunta de Galicia como dende seus propios socios de goberno.
A situación agrávase cando falamos dunha das 3 concellalías liberadas, que levaba meses desaparecida, nun momento de enorme afección da crise económica, do desemprego, xusto cando máis falta fan esas redes de protección que son os servizos sociais, a atención a muller, aos drogodependentes, aos enfermos. Dende ANOVA estamos convencidos de que se non fose pola enorme profesionalidade dos técnicos e empregados do Concello do Grove a situación de descontrol e descoordinación seria aínda moito peor.

Por que un fraude aos seus votantes: porque no programa eleitoral falaba de “Centro de Día” “de xestión directa do Servizos Sociais” e “regular a participación cidadán”, de “orzamentos participativos” de “Plan municipal de Atención a Discapacidade” de “defensa do Centro de Saúde” e non só nada se fixo, senón que incluso se tomaron decisións en contra. Debería explicar porque enganou as traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio, meténdoas nun caleixon sen saída, para terminar privatizando o servizo; ou porque agora parece que o Concello abandona definitivamente o proxecto de Centro de Día e semella que incluso tamén o do novo Centro de Saúde.

Falamos de engano aos veciños do Grove, porque máis ala da propaganda, o balance desta Concelleira é bastante pobre e con consecuencias negativas: Lembremos aquela proposta que afortunadamente caeu en saco roto, de integrar o Centro de Información a Muller nun servizo mancomunado con Cambados, que suporia na práctica pechar o CIM municipal e que só se aténdese no Grove uns días a semana ou mes…; ou porque segue sen facerse a avaliación do Plan de Igualdade Municipal; porque se perdeu a subvención de Dinamización, ou porque a axente de igualdade en vez de facer o seu traballo adícase a ser a súa secretaria particular…

Tamén debería explicar por que é incapaz de coordinar o traballo das distintas áreas e técnicos de Servizos Sociais que ten o Concello, ata tal punto que precisa contratacións externas para traballos que podían ser desempeñados por traballadores do propio Concello.

Ou algo moi grave, como logo de 20 anos de funcionamento, se suprimiu o Servizo de Prevención das Drogodependencias, despedindo a Técnico encargada de desenvolver as actividades nos colexios e institutos do Grove… mentres noutros concellos veciños manteñen este servizo buscando outras vías de financiamento. E incluso como permite abrir a porta a posibles recortes ou ao peche do SPAD.

Sobre área de mar pouco hai que decir, a pesar de ser a súa “especialidade”, porque nada se fixo pola súa parte; simplemente apropiarse das xestións realizadas por outras áreas do Concello e nin sequera algo tan simple como mostrar o apoio aos mariñeiros con embarcacións de artes menores que están a ter problemas para regularizar as súas embarcacións.

En conclusión, un bluf… que considera que a resolución as problemáticas sociais que hai na sociedade resolvénse con estrevistas sobre o fondo de armario, con publicidade ou con xornadas sobre gastrosexoloxía; Aida Filgueira marcharase co o triste honor de ser a primeira Concelleira que recorta e suprime servizos nas áreas de sanidade e servizos sociais no Grove. Triste balance…


HAI UNHA CONCELLEIRA NA SOMBRA??

Deixamos para o final un tema delicado… e é que no Grove moita xente pensa que HAI OUTRA CONCELLEIRA NA SOMBRA…. Que non cobra pero beneficiase enormemente do traballo destas áreas….

Aida Filgueira debería explicar cal é a relación que ten con determinada profesional e a súa empresa, para beneficiarse de todo tipo de contratacións, tanto laborais como a través da sua empresa, realizar xornadas, impartir charlas, atender persoas e incluso utilizar os medios e o despacho da propia Concelleira como se fosen os seus propios. E decir que igual vale para un roto que para un descosido…

Unha úlitma cousa, se esta Concelleira fai todo esto ou non fai e tamén porque está amparada por un goberno, que non ten a valentía de tomar decisións, e prefire deixar caer todo o traballo dos servizos sociais do Concello con tal de manter o pacto de goberno coste o que coste. Polo tanto o PP e complice e tan culpable como AMECA….

O Alcalde cuestiona a liberdade de expresión e de manifestación



Hai un par de días, o pobo de Ogrobe puido ser testemuña dunhas declaracións insólitas do noso Alcalde o señor Miguel Ángel Pérez. Nelas, mostrábase tremendamente preocupado coas posibles protestas e manifestacións de afectados por decisións de gobernos populares en plena Festa do Marisco.

Dende Anova – Irmandade Nacionalista en Ogrobe queremos amosar o nosa total e absoluta sorpresa ante estas declaracións dun representante democraticamente electo. En días como os que estamos a vivir, onde vemos como en Baralla, en Beade ou nun concello da Comunidade de Madrid, alcaldes do Partido Popular amosan ás claras, pública e notoriamente, as súas simpatías co autoritarismo franquista non podemos máis que preguntarnos se o noso rexedor tamén se sinte cómodo con este tipo de pensamento. 

Non é nada novo que os populares naceron do máis profundo e intenso réxime franquista. O realmente novo é que trinta e oito anos máis tarde da morte do ditador, a súa mentalidade de calar as protestas e alentar os símbolos e as actitudes que afondan na discriminación e na diferenza sigan vixentes e alentadas por rexedores democraticamente electos en listas do Partido Popular.

Queremos ser ben pensados e agardar que as declaracións do noso alcalde sexan un lapsus propio do extres que a 50ª edición da Festa do Marisco lle produce. Porén, ante tal sinalado aniversario a programación da festa é bastante limitada, aínda que hai que reconocerlle ó Concello o gran logro de ter escollido a un grupo cuxo líder xa está morto, como estrela de cartel.
En definitiva, Anova – Irmandade Nacionalista en Ogrobe, ante a lamentable situación á que o Partido Popular forzou cos mariñeiros afectados e ante as desafortunadas declaracións do señor Alcalde nas que se mostraba máis preocupado por que os seus amiguetes da Xunta disfrutasen dunha paparota tranquila que en favorecer a solución dos problemas de parte dos seus veciños instamos a que o señor Miguel Ángel Pérez retire as súas palabras e a que todo o pobo de Ogrobe apoie as protestas deste colectivo prexudicado pola burocracia popular durante a Festa do Marisco.