25 ago 2013

POR AQUÍ NON PASA A VOLTA

En tempos de grande crise económica na que desde tódolos niveis administrativos e políticos, o PP e os seus aliados (no noso concello o PGD de Fredy Bea e A Meca de Ayda Filgueira) e en certa medida tamén o PSOE nos venden a necesidade de axustes, de sacrificios e de reestruturacións, para o poder faise necesario aplicar a vella máxima de “pan e circo”.



Non fai falla máis que mirar ó noso redor!


Perante os escándalos de corrupción protagonizados polos Barcenas, Rajoys, Cospedales, Feijoos e cia. , perante os escándalos ligados á monarquía, perante ós constantes e rotundos fracasos nas políticas económicas de Feijoo (desaparición das caixas, aumento da débeda autonómica,e fiscal, falta de crédito para os cidadáns...), etc. o poder so sabe darnos algo para que esteamos entretidos noutras cousas e non protestemos demasiado. Ou acaso o adianto do calendario futbolístico é casualidade? Ou acaso que tódolos días da semana teñamos fútbol é casualidade? Ou acaso o “problema” de Gibraltar non é outra cousa que unha cortiña de fume? Resulta evidente a resposta a estas preguntas.

No que nos atinxe ós mecos e mecas, e tamén ó conxunto dos galegos, temos un extra deste “pan e circo”: La Vuelta a España.

Resulta que a Deputación de Pontevedra, co seu presidente á cabeza, viron oportuno desembolsar certa cantidade de fondos públicos para atraer á empresa organizadora da rolda ciclista. Tanto deberon ofrecer que os organizadores decidiron afinca-la Vuelta case que unha semana en territorio galego.

Desde Anova – Irmandade Nacionalista en Ogrobe, non podemos máis que valorar dun xeito neutral o paso da Vuelta a España polo noso concello e polo noso país, do mesmo xeito que a maior parte dos holandeses o tiveron feito edicións atrás cando a rolda ciclista partiu de territorio holandés. E tamén porque o deporte en si mesmo é positivo. A cuestión é outra!

Constantemente dísenos dende diferentes instacias que non hai cartos para gastos sociais, para promoción do deporte e da cultura galega, para a investigación... para tantas e tantas cousas que fan que un país non reste hipotecado por décadas.

Pois ben, todo semella que era mentira, ou cando menos media verdade, pois o Presidente Louzán converteu o chumbo en ouro e conseguiu o inimaxinable: o paso da Vuelta a España pola provincia. De verdade este feito é un logro? Pensamos que non.

Os carteis que polas estradas arousáns e galegas amosan que “por aquí pasa a Vuelta” non fan máis que enmascarar o deterioro dalgunhas das nosas infraestruturas deportivas ou a máis terrible inexistencia doutras.

Non tería sido mellor empregar eses fondos públicos na mellora desas instalacións? Non tería sido mellor empregar eses fondos en promoción real do deporte galego e das súas seleccións? Non tería sido mellor non facer esta ostentación de poder económico lúdico – festivo mentres moitas persoas no noso entorno están a pasar fame? Deixamos estas preguntas para que cada quen as valore baixo os seus propios esquemas.

Xa para rematar, quen se beneficia realmente do paso da Vuelta 2013 polos nosos concellos? Certamente os afeccionados ó ciclismo, que verán de preto ós seus deportistas favoritos. Algúns hostaleiros, que recibirán os equipos e a todo o circo que acompaña á rolda ciclista, tamén. Pero, o sector mexilloeiro sairá beneficiado? Con esta edición, a Deputación pretende dar un impulso á comercialización do mexillón de Galicia (a pesar do deseño da mascota), mais que importa que aumente o seu prestixio se nin tan sequera se pode etiquetar como tal despois de que os partidos conservadores na UE o impediran meses atrás no Parlamento Europeo? Certamente so se pode definir isto como incompetencia de Louzán e cia, que de seguro tamén sairán beneficiados dalgún xeito...

4 comentarios:

  1. Despois de leer todo o artigo considero que o carácter negativo dun feito que deixará moitos cartos nos nosos hostaleiros e comercios, como xa se ve estes días no pobo, faime pensar que a pesar que a política duns partidos e doutros está feita para destruir e non recoñecer o positivo das cousas ben feitas. Sair a rúa e ver o que hai estes días no noso entorno choca considerablemente con carácter do NON que expresas nos comentarios. Coido que polo menos, deberíase ser cauto e decir que cando as cousas saen ben, HAI QUE RECOÑECELAS!

    ResponderEliminar
  2. O de que deixará moitos cartos no noso pobo quen o di? Nos pobos de saíada e chegada pode que si. Fixeron algún balance da ganancia que trae a volta á cidadanía e se compensa có gasto dos fondos públicos que poderían invertirse en crear emprego ou nas infraestructuras que levamos ANOS demandando como o Centro de Día ou o Auditorio. Nadie di que esté en contra do deporte ou de que pase por Ogrobe, o que se critica é que para esto sí hay cartos de sobra (a barrer) e para outras cousas non hai porque estamos en "crisi". Ademáis, eso de que sexamos sempre o último mono de todo o Salnés xa empeza a cheirar. Todo queda máis alá do Bao.

    ResponderEliminar
  3. O de que deixa moitos cartos na hostelería e o comercio local e moi relativo, fixose ou publicouse algún estudio económico que asome datos reais en comparación co gasto do evento? Isto e como decir que se trata dunha inversión en publicidade que se vendé por parte das administracións, ou mais ven dos dirixentes do PP, cando a retransmisión de Volta a España e defecitaria, e o turismo nacional esta descendendo en favor do turismo internacional, ou a Volta se retransmite polas canles públicas alemanas, italianas e francesas ou xa me diredes que promoción se fai? Vou poñer un exemplo a ver quen me pode contestar, quen veu a etapa da saida do Giro? Pois esta e a repercusión económica que vai ter a Volta no sector económico do Turismo. E con respecto a que as ruas están cheas de xente so decir unha cousa e a historia me remito, o circo Romana estaba ateigado mentras comezaba a caída do Imperio Romano.

    ResponderEliminar
  4. Habería que preguntarlle ós valencianos que tal lle vai despois dos despilfarros da Fórmula 1 ou da regata de vela américa. Coido que os cartos invertidos foron parar a uns cantos galopíns, que por certo aínda non devolveron... nin devolverán ó erario público.
    Cando este país se de de conta de que os políticos están para repartir e emplear os cartos dos cidadáns no beneficio dos cidadáns ó millor melloraremos mentras tanto, pouco a pouco "pabaixo". E así nos vai.
    Por certo, os hosteleiros xa deberían estar contentos cos cartos públicos que invertiron nas "pousadas", que supoño serán sen ánimo de lucro (o ser os cartos públicos) e atraerán xente ó Salnés a patadas. Igualiño que o ano que ven que van a vir a mares grazas entre outras cousas á volta a España.

    ResponderEliminar