ANOVA OGROBE VALORA POSITIVAMENTE A RECEPCIÓN DA PROPOSTA DE UNIDADE DA ESQUERDA E DO
NACIONALISMO EN OGROBE
Durante estes últimos sete días,
a proposta lanzada dende a asemblea local de Anova – Irmandade Nacionalista en
Ogrobe tivo unha acollida positiva pola totalidade das forzas convidadas. As
liñas propostas de reactivación social e económica do Concello, de transparencia
e participación cidadá, de cambio de rumbo das institucións e da vida económica
e política da localidade e o seu entorno son básicas para tódalas forzas da
esquerda e do nacionalismo galego. Do mesmo xeito, estas premisas básicas fan
evidente que a unidade é algo que a sociedade tamén ve con bos ollos e
agradece.
Nestes días, foron moitas e
diversas as mostras de apoio á iniciativa que busca abrir un espazo
participativo que protagonice a cidadanía á hora de construír programa, elixir
candidatas e candidatos, sinalar os déficits máis urxentes da localidade,
favorecer ós puntos fortes que a sociedade e a península de Ogrobe ten, etc.
Tanto Compromiso por Galicia como
Podemos comparten expresamente a proposta de inclusión e participación humilde
e honesta. Agardamos que ese mesmo camiño sexa o seguido tanto por BNG como por
EU. Ámba–las dúas forzas dependen do que
a súa militancia decida no seo das súas respectivas asembleas. Convidamo–las,
polo tanto, a que coparticipen deste proceso de empoderamento cidadá. De feito,
este mesmo mércores, EU organiza unha asemblea aberta na que dende Anova –
Irmandade Nacionalista en Ogrobe, agardamos que sexa o lugar e o momento no que
a súa militancia e base social den ese tan agardado paso.
Entendemos que é o momento de que a cidadanía tome a iniciativa e dende
abaixo. Organicemos plataformas cívicas a prol da creba democrática e
trasladado á instancia política polas forzas rupturistas que realmente conecten
con esa cidadanía.
Detectamos que non é un tema que só preocupe ós partidos políticos, senón
que está a xerar un intenso debate que non é máis que a mostra das ganas que a
cidadanía ten de participar nos asuntos que máis lle afectan no día a día:
orzamentos, axudas a asociacións de veciños e asociacións deportivas, ocio e
cultura sustentable, estado das instalacións públicas, etc. Non debemos
esquecer que a vida política local sempre propuxo dende hai décadas piscinas, pavillóns,
auditorios, centros de día... e sempre foron os intereses de catro os que impediron
a consecución destas demandas.
A tan comentada reforma electoral do PP non é máis que outro motivo máis
para favorecer este proceso que busca a unidade de acción dos partidos para que
sexa a xente a verdadeira dona do seu destino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario