DENDE ANOVA DESMENTIMOS A NOTICIA PUBLICADA NA PRENSA O 4 DE FEBREIRO E INDICAMOS QUE NA ASEMBLEA LOCAL APROBOUSE POR UNANIMIDADE APOIAR A INICIATIVA CIDADÁ SOMOS MAIORÍA.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg_dF53m675UvjkoBo8jeySvkgPjgf6Ojg9qspJtAPPGoILntpwA0kb-XLH85aNCN9zUIrlrFfvgMHyjk8IoDvei3R0IB33ApIC9I0vfls5_yXTyQspgRbFsHR4m6Bj6EeGD1A-iYSRHNVe/s1600/Somos+Maior%C3%ADa+logo.jpeg)
En Ogrobe, Anova decidíu non
presentar lista electoral propia e si apoiar sen reservas as iniciativas e
propostas da iniciativa cidadá Somos Maioría, en base ó acordo tomado, tamén
por absoluta unanimidade, na súa asemblea do 7 de novembro. Iniciativa cidadá
que está a realizar unha intensa e boa labor no referente á crítica urbanística
e que ten este venres día 5 unha asemblea onde comezarán a elabora-lo seu
programa electoral sempre coa transparencia e a defensa do público e do pobo
como prioridade.
Negamos pois, de xeito rotundo, a
publicación que neste xornal se realizou referente a unha coalición electoral
na que Alternativa Galega de esquerdas tería presenza non noso pobo o vindeiro
mes de maio.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjuVOXIO12fnZoM3ad6o6YnZe_emvspBN2E-wU6UgiPNNKFz0vZSiaZOb_iQpPTR-0cYRdt87mY-5E9zkUh7n_bbmqvPbcmKMONz3C3smhCpcXM1eIkf6wSmi9t4ozBp70HyACcJwlZSzkk/s1600/luminaria+nova.jpg)
Se ben, Esquerda Unida tentou
conformar unha coalición no noso pobo en base ó modelo AGE, dende Anova sempre pensamos
que sería insuficiente e que, na situación actual da nosa localidade, se facía
imprescindible un exercicio de xenerosidade e de maior inclusión, contando coas
forzas citadas anteriormente. Desgraciadamente, a forza esquerdista negouse en
rotundo a cede-las súas cotas de poder e a apoiar unha iniciativa cidadá e
apartidaria como Somos Maioría, que si conta co apoio explícito de Anova e CxG,
así como coa participación de persoas do círculo de Podemos O Grove. Pero sen
dúbida o fundamental e principal de Somos Maioría é a capacidade de activar a
tantos e tantas que ata o de agora non decidiran involucrarse na política
activa a nivel local, condición imprescindible para cambia-las cousas a mellor.
Para finalizar, desexamos
expresar a necesidade de seguir construíndo espazos compartidos onde ninguén
teña o control e onde todos sexan copartícipes dos éxitos e dos fracasos a
partes iguais. Necesitamos, no noso pobo e no noso país, de iniciativas onde as
confusións e as liortas se troquen por cooperación e boa vontade na busca dunha
unidade de acción capaz de mellora-la realidade na que vivimos. É por iso que
seguimos convidando tanto a Esquerda Unida como ó Bloque Nacionalista Galego a
seguir explorando esa vía que a iniciativa cidadá Somos Maioría significa.
Desexamos, polo tanto, que, sexa quen for, non tente intoxicar nin enganar á
cidadanía con comunicados e notas de prensa que antes que construír só
pretenden embarra-lo panorama político local de cara ás eleccións municipais de
maio. Está moito en xogo, está o noso pobo en xogo...teñamos altura de miras!
Anxo López, Coordinador local de Anova Ogrobe.
Ricardo Garrido, Portavoz local de Anova Ogrobe.
Ricardo Garrido, Portavoz local de Anova Ogrobe.
Ogrobe, a xoves 5 de febreiro de 2015.