29 may 2013

O presidente da Xunta inverte agride á oposición coa conivencia da presidenta do Parlamento

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denuncia o comportamento nas súas comparecencias parlamentarias do presidente da Xunta, quen inverte os roles, non responde ás preguntas, e agride e descualifica á oposición por exercer as súas funcións. A Presidencia da Cámara, no entanto, nunca o chama á cuestión nin, de ser o caso, á orde.
Pleno após pleno, a presidenta do Parlamento coarta sistematicamente os dereitos da oposición e non é quen de cumprir as funcións arbitrais do seu cargo. Esta mañá, unha vez máis, Pilar Rojo deu un recital de como non levar un debate na Cámara e de como, no canto de exercer a imparcialidade, converterse nun axente ao servizo do Partido Popular. As chamadas á orde aos parlamentarios da oposición sucédense de maneira arbitraria. Mentres, nas bancadas da dereita, ateigada de hooligans que patean os escanos cada vez que un deputado de AGE, PSdeG ou Bloque exerce a crítica á Xunta, todo transcorre sen que Rojo as chame á orde. Hoxe, ademais e de maneira totalmente unilateral, a presidenta do Parlamento decidiu expulsar á deputada de Alternativa Chelo Martínez e volveu amosar a súa absoluta falta de imparcialidade e as diferentes vara de medir que emprega ante o grupo que apoia ao Goberno e os grupos que non o fan.
Alternativa Galega de Esquerda presentará un escrito á Mesa do Parlamento de Galicia para esixir que se reúna a Comisión do Estatuto do Deputado e aborde o comportamento do presidente da Xunta nas sesións de control e trato discriminatorio da presidenta da Cámara, Pilar Rojo, aos grupos da oposición.




No hay comentarios:

Publicar un comentario