14 may 2013

Xosé Manuel Beiras acusa á Xunta de considerar superfluos os cidadáns “mentres non se converten en súbditos”



Xosé Manuel Beiras acusa á Xunta de considerar superfluos os cidadáns “mentres non se converten en súbditos”. O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda denuncia que a conselleira de Facenda “ten o mérito dos computadores, métenlle o programa e recítao sen importarlle o que acontece”

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, realizou unha inocua comparecencia no Parlamento de Galicia para, teoricamente, explicar as liñas de traballo do seu departamento. Pero o que expuxo foi unha serie de lugares comúns do ultraliberalismo, o sometemento da Xunta ao débedocracia e aos mandados da troika e unha brutal insensibilidade respecto do sufrimento e a dor que as súas políticas causan nas maiorías sociais. “O que acontece é que para vostedes os cidadáns son superfluos”, acusou Xosé Manuel Beiras, portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), “polo menos mentres non sen converten en súbditos”.

 Non só iso. Segundo Beiras, a falta de ética preside as actuacións do PP, aquí e acolá. “Porque vostedes fan política a prol dunha clase social, ou nin sequera, a prol dunha oligarquía”, denunciou, “pero non o din; dígano, teñan a coraxe de sacar a máscara, como sacou Thatcher. O contrario é unha farsa, unha fraude aos seus electores, algo inmoral”. Case sete meses despois da súa toma de posesión, a responsábel de Facenda do Goberno de Feijóo non foi quen máis ca de repetir o mantra da austeridade criminal que afoga o sur de Europa. “Vostede ten un enorme merito”, admitiu ironicamente Beiras, “o mérito dos computadores. Métenlle un programa e recítao pase o que pase na realidade. Haberá que desenchufar o computador, logo”.

Mentres, a dereita, a través da conselleira e do deputado Pedro Puy hoxe no pleno do Parlamento de Galicia, continúa a defender a folla de ruta que leva ao país cara ao abismo. Sen complexos. “Chuchan o sangue da xente do común para resolver o fiasco da banca”, apuntou o portavoz de Alternativa. E o PP anunciou que seguirá a aplicar políticas cuxa realización empírica xa amosou que non funcionan, de non ser que o obxectivo verdadeiro das mesmas sexa reducir as clases traballadoras á escravitude. “Nesta colonia periférica do protectorado español do IV Reich”, afirmou eiras, “vostedes compórtanse como unha UVI que para aforrar gasto reducen o tratamento dos pacientes”.tuacións do PP, aquí e acolá. “Porque vostedes fan política a prol dunha clase social, ou nin sequera, a prol dunha oligarquía”, denunciou, “pero non o din; dígano, teñan a coraxe de sacar a máscara, como sacou Thatcher. O contrario é unha farsa, unha fraude aos seus electores, algo inmoral”. Case sete meses despois da súa toma de posesión, a responsábel de Facenda do Goberno de Feijóo non foi quen máis ca de repetir o mantra da austeridade criminal que afoga o sur de Europa. “Vostede ten un enorme merito”, admitiu ironicamente Beiras, “o mérito dos computadores. Métenlle un programa e recítao pase o que pase na realidade. Haberá que desenchufar o computador, logo”.
Mentres, a dereita, a través da conselleira e do deputado Pedro Puy hoxe no pleno do Parlamento de Galicia, continúa a defender a folla de ruta que leva ao país cara ao abismo. Sen complexos. “Chuchan o sangue da xente do común para resolver o fiasco da banca”, apuntou o portavoz de Alternativa. E o PP anunciou que seguirá a aplicar políticas cuxa realización empírica xa amosou que non funcionan, de non ser que o obxectivo verdadeiro das mesmas sexa reducir as clases traballadoras á escravitude. “Nesta colonia periférica do protectorado español do IV Reich”, afirmou eiras, “vostedes compórtanse como unha UVI que para aforrar gasto reducen o tratamento dos pacientes”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario