15 jun 2013

ABORTO LIBRE, GRATUÍTO E SEGURO: AS MULLERES DECIDIMOS!

Anova, que forma parte do Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, apoia a manifestación convocada para este domingo, 16 de xuño, ás 17 h en Santiago de Compostela, saíndo da estación de tren.
Dende Anova consideramos que o dereito das mulleres a decidir sobre os propios corpos é tan básico que nos parece un absurdo estar a discutilo na segunda década do século XXI.
Mais as ameazas a este dereito – aínda non conquerido – están aí, en forma de cambios lexislativos, anunciados por Gallardón, que nos levarían aos tempos do Franquismo en materia da interrupción voluntaria do embarazo. A pretensión do Ministro de Xustiza, avalada pola Conferencia Episcopal, levaríanos a un sistema de supostos, co cal as mulleres se verían obrigadas a alegar razóns para xustificar a decisión de interrumpiren o seu embarazo.
Volver a unha lei de suspostos transforma ás mulleres, de novo, en menores de idade, sen capacidade para decidir sobre os propios corpos, e levaríanos, de feito, a unha diferenciación entre ricas e pobres, ao non poder estas acceder a clínicas privadas ou a ir ao estranxeiro a abortar e, pola contra, a verse sometidas a condicións insalubres en centros clandestinos.
Nos nosos corpos non manda o PP!

“Defendamos o dereito das mulleres ao seu corpo e esixamos ao goberno que cumpra coa súa responsabilidade de garantir o aborto legal, seguro e accesible.” 





No hay comentarios:

Publicar un comentario