18 jun 2013

Proposición non de lei, presentada por AGE ante a Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia, no proceso de Regularización das Embarcacións de Pesca

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu voceiro e a iniciativa do seu deputado Juan Manuel Fajardo Recouso, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

Exposición de Motivos:

Milleiros de pequenos armadores de Galicia, en realidade milleiros de pescadores artesanais, que co apoio suficiente da administración poderían crear emprego nunha situación como a actual, de acadar o apoio suficiente da Xunta de Galicia, están sendo de novo atacados polos gobernos de turno, neste caso polo proceso de regularización das súas embarcacións.

Durante anos a propia administración foi permisible co sector, incluso outorgando axudas públicas para modificar a realidade e configuracións das embarcacións utilizadas para a pesca nas nosas costas, polo que a día de hoxe a gran maioría das embarcacións cuias características actuais non concordan cos parámetros de orixe das mesmas.

O conxunto do sector defende a necesidade de actualizar e, polo tanto, legalizar a situacion da frota, pero non concorda cos métodos, por prazos e mecanismos utilizados, mecanismos que ademais fomenta a economía sumerxida e a especulación de catro que xogan coas necesidades do conxunto da flota. Parece necesario producir outro mecanismo de regularización que dé seguridade xurídica á realidade actual, xa que esta situación non supón maior esforzo pesquerio, pois xa é a situación actual e real, e sí ten que ver coa necesidade de fortalecer as medidas de seguridade das nosas embarcacións.

Debemos recordar que o modelo adoptado polo goberno de aportar GT´S e CV non ten nada que ver coa mellora técnica das embarcacións, senón co mercadeo de características nun mercado que, neste caso, é negro, xa que se fai mediante contratos privados, onde non figuran nin cantidades nin aportacións fiscais, situación da que é coñecedora a administración e que parece fomentar e non tratar de erradicar.
A realidade desta regularización é que se plantexa en termos de aportación económica para os nosos pescadores, en medias de entre 10.000 e 20.000€ para cada embarcación, o que na situación actual de crise suporá en moitos casos a desaparición das mesmas, ou a quiebra das empresas que as sustentan.
Esta situación pon en risco centenares de postos de traballo e pode provocar a ruina económica de numerosas familias, se non se adoptan en pouco tempo decisións políticas que cambien esta barbaridade. Polo exposto formulamos a seguinte
Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión:
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno Galego a:
1.- Dirixirse ao goberno central para que paralice a actual lei de regularización de embarcacións, así como de xeito inmediato se amplíe o prazo de 4 meses imposto aos armadores para aportas GT´s e CV.
2.- Apoiar as reivindicacións do sector e solicita do Goberno central a realización un novo proceso de regularización definitiva e real da frota pesqueira, en base as características reais que aporten os armadores e propietarios, mediante un censo que sea reflexo exacto e real das actuais características das embarcacións.
3.- Dirixirse ao Goberno central para solicitar que se proceda a decretar a regularización definitiva das embarcacións pesqueiras e marisqueiras de Galicia, nas mesmas condicións declaradas polos propietarios, actualizando a totalidade das características (GT´s, CV, materiais,..), mantendo as mesmas condicións declaradas e sin que dita actualización supoña nin perda de dereitos pesqueiros, nin de dereitos de venta, transmisión, contrucción ou aporte, garantizando ademais que este proceso se realice mediante o menor aporte económico e as tramitacións burocráticas señan as mais fluídas, rápidas e flexíbeis posibles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario