CEIP Rosalía de Castro |
Desde as asembleas locais de Esquerda Unida e Anova Ogrobe, queremos denunciar a actitude do
alcalde Miguel Ángel Pérez respecto das obras que a Xunta de Galicia se comprometera a realizar no CEIP Rosalía de Castro. Pérez amósase neste caso como un anano político, incapacitado para
representar os intereses do pobo d'O Grove. Se hai un par de semanas asumía como propia xunto ao
resto de grupos políticos da corporación a solicitude da ANPA para que se realizaran as obras da
terceira fase no CEIP Rosalía de Castro, observamos atónitos como a semana pasada se plegaba sen
fisuras ao discurso da Xunta do PP de non realizar estas obras, incluso xustificando esta decisión
política da administración autonómica.
A este dobre descurso de Pérez estamos acostumados. Nos seus distintos mandatos como alcalde
amosouse sempre sen liderazgo ante as administracións superiores que controla o seu partido á hora
de conquerir inversións importantes para o noso pobo. Neste aspecto Pérez demostra ser sempre fiel
ao seu partido antes que aos seus veciños. Á vista dos feitos podemos concliur que está incapacitado
para ser o máximo representante municipal.
A solicitude das obras no pavillón do Rosalía de Castro non son un capricho, son imprescindibles
para o normal desenrolo do programa de educación física nesta etapa escolar. O estado lamentábel
desta instalación faina inutilizábel os días de choiva, o que dificulta enormemente as aulas de
educación física. Mais non só afecta ao normal desenrolo da actividade escolar, xa que este pavillón
é utilizado para varias actividades extraescolares, o que todo xunto convirte en urxente a
intervención nesta infraestrutura.
Dende o grupo parlamentar de AGE, será levado á Comisión de Educación e Cultura do Parlamento
Galego unha proposición non de lei onde se denuncia non só o non valer do compromiso que o
Goberno da Xunta adquiriu coas nais e pais do CEIP Rosalía de Catro, senón que demostra o feito
ata o de agora presenta importantes deficiencias non axustandose á normativa sobre seguridade e
prevención de accidentes dos nenos e nenas, así como á ausencia de mobiliario para actividade
física ao “aire libre” (canastas, porterías…).
Visita do Conselleiro en 2011 ao CEIP Rosalía de Castro pouco antes da eleccións estatais |
No hay comentarios:
Publicar un comentario