Antón Sánchez defende o ferrocarril como
o transporte con menos custe ambiental e critica a obsesión do goberno
coa "alta velocidade que conecta con Madrid"
Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a
través do seu deputado Antón Sánchez, presentou unha moción
parlamentaria para que o Parlamento instase á Xunta a construír unha
rede de tren de cercanías, a defender o ferrocarril "como servizo
público prestado en réxime de xestión directa" e a asumir as
competencias na materia "para que o Goberno galego pule polo ferrocarril
convencional". O resto da oposición apoiou a moción de AGE –no caso do
Bloque cunha emenda aceptada-, pero o PP negouse. Unha confusa
intervención do deputado Gómez Alonso argumentou o seu rexeitamento a
forza de ripios sobre os gobernos de Zapatero e con alusións de dubidoso
gusto ao accidente de tren de Angrois en que morreron 78 persoas.
"O ferrocarril é o medio de transporte con menos impacto ambiental", intentou explicar Sánchez, "e será necesario nun mundo en que os combustíbeis fósiles se achegan ao seu esgotamento". A necesidade dunha rede de cercanías axeitada, especialmente nos núcleos Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol ou a crítica pola obsesión do Goberno polo AVE que conecta con Madrid centraron a intervención do parlamentario de Alternativa. Para chegar á única conclusión posíbel, en vista da actitude da dereita: "Vostedes, o PP, só defenden a conexión con Madrid, o AVE, o transporte elitista e o baleiramento do rural".

No hay comentarios:
Publicar un comentario