20 sept 2013

ANOVA OGROBE PRESENTA UNHA MOCIÓN NO CONCELLO PARA QUE SE HABILITE UNHA PARTIDA NOS ORZAMENTOS DESTINADA A PAGAR AS MATRICULAS DOS ESTUDANTES PERXUDICADOS POLO RECENTE DECRETO DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN EN MATERIA DE BECAS.






O pasado dous de Agosto o Consello de Ministros aprobaba o Real Decreto que inclúe os novos requisitos do programa de becas. Un decreto que esquece que a principal función das becas que se conceden ós estudantes é a de facilitar a igualdade de oportunidades entre todos os alumnos, e evitar que ningún estudante se quede sen realizar os seus estudos por carecer dos medios económicos necesarios para pagar unha matricula universitaria, a maiores de tamén ser un instrumento de “estímulo” para a mellora do rendemento académico. 

Este Real Decreto endurece os requisitos económicos das familias, ao reducir os umbrales económicos polos cales te exclúen do dereito a percibir beca, e establece uns requisitos académicos más esixentes . A maior demostración de que isto é así e que no propio borrador da memoria económica que acompaña ao proxecto, a previsión para o curso 2013-2014 e de 200 millóns de euros menos que as previsións para o curso 2012-2013
Así, independentemente de cal sexa a nota de corte de calquera carreira, o decreto do PP obriga a conseguir unha nota mínima do 6,5 nas probas de acceso para a consecución de beca económica, e no caso de estudos de Formación Profesional 5,5 nos estudos previos, cando antes chegaba con aprobar e matricularse. Tamén se esixe un 5,5 de nota para estar exentos do pago da matriculación. E osa estudantes de postgrado, deberan aprobar todos os créditos e sacar unha nota de 7 para as profesións reguladas e un 6,5 para o resto.
Con respecto aos factores económicos, baixa o importe das becas e redúcense os ingresos máximos polos que se cambia e umbral de renda, perdendo o dereito a percibir a beca xeral: de tal xeito que, por exemplo, no caso dunha nai solteira con un único fillo en idade universitaria, que ingresase máis de 8.000 euros anuais (menos de 700 € o mes), o seu fillo xa non recibiría a beca xeral, percibindo só a de cambio de residencia ou desprazamento...   Ou unha familia tipo (4 membros) que ingresase máis mais de 1.250€ o mes, tampouco podería acceder aos 1.500 € de beca. 
Non imaxinamos maneira mais restritiva nun pais civilizado e democrático de evitar que as persoas de clases menos favorecidas accedan a unha formación universitaria. Preguntámonos se é así como se favorece que as persoas que carezan de medios económicos para poder estudar o fagan de igual modo?, se é así como se asegura a igualdade de oportunidades de quen teñen vocacións e aptitudes?
Non somos só nós os que criticamos este Decreto, que foi rexeitado por moitos estamentos neste país, dende os propios estudantes, mestres, reitores de universidades, pais e demais  partidos políticos.  De feito, incluso o propio Consello do Estado recriminou o PP a falta dun estudio profundo do  Ministerio de Educación sobre as consecuencias para a igualdade de oportunidades e a mellora do rendemento do alumnado que tería esta lexislación.
Recollo aquí algunha das conclusións que expresa o propio Consello do estado no seu ditame: “estas medidas deben ir precedidas de un estudio detenido en el que se ponderen sus consecuencias desde las dos perspectivas apuntadas: la igualdad de oportunidades y el estímulo a un mejor rendimiento académico”. “no aparece valorado en absoluto el impacto que tendrá la norma proyectada. “No se apunta siquiera cuántos ni qué tipo de alumnos pasarán a obtener, o perderán, becas, y los efectos de ello, lo que puede ser trascendente y no necesariamente justo; tanto más cuanto se cambian y endurecen los requisitos académicos, pese a lo que se dice en la memoria, se aumentan los umbrales económicos 2 y 3 (se suprimen los umbrales 4 y 5), e incluso el importe económico previsto -según el borrador de la memoria- para becas en el curso 2013/2014 es del orden de doscientos millones de euros menos que lo previsto para el curso 2012/2013.
Un  documento que fai evidente mais que ningunha opinión política, o equivocado deste Real Decreto, da súa falta de criterio obxectivo, e do interés ideolóxico que se oculta destras destes cambios, e dicir “que só poidan acceder a educación superior aqueles que poidan pagala”…
Outro dato interesante, e nada partidista: Segundo a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), 80.000 alumnos con poucos recursos poderían quedarse fora da universidade por non poder facer fronte o pago da matricula e quedar excluídos das axudas pola aplicación deste novo Decreto. 



Dende o Asemblea local de  Anova, cremos que o acceso a formación e un dereito que non debe ser pisado por accións ideolóxicas como este decreto. O futuro dos/das xoves depende en gran medida da súa formación, e non deberiamos permitir que ningunha persoa se quedara fora do acceso a súa formación por un simple factor económico. Ademáis, visto o resultado orzamentario do 2012 cun superávit de 1.416.845,22€, compróbase a capacidade económica do Concello do Grove para levar a cabo inciativas de carácter social como a proposta. Por isto propoñemos a este pleno a seguinte moción:
* Que con carácter de urxencia debido a proximidade do inicio do curso universitario,  se habilite unha partida económica destinada a cubrir os gastos de matricula  e de taxas universitarias daquelas persoas que debido o Real Decreto 609/2013, do 2 de agosto, perderan o seu dereito a beca ou a exención das taxas de matriculación. 
* Que se elaboren e publiciten unhas bases que regulen a concesión das axudas do punto anterior, tendo en conta criterios de renda, familias numerosas e tamén se perderon o dereito a percibir outras axudas.
* Que se tomen as medidas necesarias para garantir que ningún veciño ou veciña do Grove se quede sen acceder a universidade por non poder pagar a matricula e as taxas universitarias. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario