26 sept 2013

ANOVA SOLICITA A CREACIÓN DUNHA OFICINA DE ASESORAMENTO PARA EMIGRANTES RETORNADOS AFECTADOS POLAS ACTUACIÓNS DA AXENCIA TRIBUTARIA






Todos os días podemos ver a través da prensa a situación pola que están a pasar moitísimo  emigrantes retornados, aos que a Axencia Tributaria está notificándolles expedientes sancionadores reclamándolle cantidades pola non declaración das pensións percibidas polo traballo no estranxeiro.
É palpable na Sociedade que todos rexeitamos o trato que Facenda está a ter con estas  persoas, que o único que fixeron foi buscarse unha saída  laboral fora da súa terra,  na maioría das ocasións alonxándose da súa familia, e traballar moi duro durante anos para que agora, sen que ninguén os informase de ningunha obriga tributaria, os estean a tratar como “defraudadores”. O número de afectados aumenta cada día, e o conflito empeza a parecerse cada vez máis, en canto ao número, ao fraude das preferentes e obrigas subordinadas. Por iso teñen razón os afectados en demandar apoio e axuda das institucións e por iso dende ANOVA coidamos que o Concello de O Grove debe actuar xa.

Diante das demandas dos afectados parece que as administracións empezar a adoptar algunha medida no seu favor. Así, pódese ler que o parlamento galego acordou, por unanimidade de todos os grupos, unha proposición non de Lei pola que, entre outras cousas, instase a Xunta de Galicia a regularizar a situación dos emigrantes retornados sen consideralos defraudadores fiscais. Tamén, tendo en conta que na maioría dos casos nunca foran informados das súas obrigas, acordouse demandar a Facenda para que se habiliten períodos de pago “máis largos  dos estipulados habitualmente”, que se exima do pago de sancións a aqueles que regularicen a súa situación fiscal, demandar que se revisen os convenios marco con outros países para evitar que estas situacións se repitan no futuro.

Tamén sabemos que moitos dos expedientes poden ter unha resolución particular pola vía administrativa, no trámite de alegacións (por exemplo tendo en conta os convenios bilaterais existentes entre o estado español e outros estados, como por ex. Alemania; ou simplemente  instando a Xunta de Galicia a recoñecer o grado de minusvalía polo cal se concedeu a pensión  no pais de emigración,…). De ahí que sexa moi importante que os afectados teñan toda a información posible e asesoramento dende os primeiros momentos.

Dende ANOVA temos coñecemento de que no pleno que se celebra esta tarde vaise tratar polo menos unha moción sobre esta cuestión, no sentido de Manifestar o apoio do Concello aos afectados e demandar dos gobernos do estado e da Xunta tamén apoio e asesoramento… 

A pesares de concordar con estes puntos,  entendemos que non é suficiente e que o Concello, como administración máis cercana aos cidadáns debe habilitar un servizo que apoio e asesoramento aos afectados, servizo que pode canalizarse ben a través da Oficina de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello ou ben a través da habilitación dunha oficina específica con personal técnico durante un tempo determinado.
Consideramos que é hora de que o Concello do Grove se implique en tentar axudar a resolver ou facilitar os trámites aos afectados e evitar así que esta situación chegue a convertirse nun drama social como foron as preferentes e obrigas subordinadas.

Por estes motivos queremos SOLICITAR DO GOBERNO LOCAL que teña en consideración estas propostas, de habilitar, de xeito urxente e con carácter temporal, unha oficina de información no noso concello, ben a través da OMIC ou da habilitación dunha oficina de atención específica durante un tempo determinado, para que todos as persoas afectadas poidan cando menos recibir información é, de haber solucións administrativas, saber cales son é como actuar ou a onde dirixirse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario