Mentres o señor Núñez volvía, máis unha vez, escapulirse e non respondía ás cuestións formuladas por Alternativa, Yolanda Díaz lembráballe algunhas das súas hipócritas declaracións. “Vostede dicía que Bárcenas era unha mazá podre no partido, pero o que está poder é a cesta enteira”, afirmou. Porque amparar, e beneficiarse de, o financiamento ilegal significa “perverter a democracia”, rachar as regras do xogo e construír hexemonía política –como fixo o PP- a forza de trampas. Núñez escudouse n que falará cando llo pida un xuíz, o que indignou as bancadas da oposición. A viceportavoz de AGE preguntou daquela: “Cando vai contar nos tribunais o que aquí non se atreve?”.
Para Alternativa, o señor Núñez non é un presidente lexítimo. As súas amizades perigosas con contrabandistas e o financiamento irregular que figura nos papeis de Bárcenas e sobre o que o Partido Popular construíu parte da súa hexemonía electoral, e política, demóstrano. “O único que amosou vostede no Parlamento hoxe é que lle importa todo un bledo”, pechou Yolanda Díaz, “e repugnante é o aparello de financiamento irregular do PP galego”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario