15 oct 2013

Ata sempre Xoan Fuentes!

Escribir algo dunha persoa amiga ca que pasastes moitas  horas falando do humano e do non humano non é difícil.

Coñecín a Xoán fai uns 20 anos, cando ía como candidato, no posto nº 3, polo BNG, nas eleccións municipais. Nos dous primeiros postos ían Luis Rei e Manolo Mascato. Foi no antigo Cine Marino onde pronunciou unha conferencia maxistral, non un mitín (a él non lle ían os mitines).

Finalizado o acto conversamos, tomando un viño, sería o primeiro de moitos outros, para él mellor tinto.
É un home, dígoo en presente e non en pasado, pois sigue vivo, mentras siga o seu recordo en tod@s nós, tremendamente metódico. O seu raciocinio parécese máis á  escola do norte de Europa, en especial á alemana,  que á do sur. De aí a súa dedicación a pasar ao galego obras e ensaios de filosofía e lingüístas, tamén poesía, destes países e ao revés.

Lector, traductor tamén dos clásicos gregos e latinos, as horas con Xoán non remataban nunca, pois continuaban  na próxima. Nas súas conversas precisaba ata ao máximo cada palabra para acadar o senso da conversa.

Con todo esto, non é de estranar que xurdira en el o sentimento nacionalista. Pois os coñecementos, ou se comparten coa sociedade na que vivimos, ou non serven para nada.  Nacionalista aberto, con conexión coa xente ca  que convive, participando no coro Boca da Ría de S. Vicente, Festa da Malla, das que disfrutaba cos veciños e veciñas.

Podíanse decir moitas máis cousas, pero non é este o momento nin o lugar. Só transmitir dende ANOVA I.N. a soliradidade coa familia, en especial con Dolores, a súa compañeira inseparable.

As  súas cinzas serán espalladas na Boca da Ría -entre Ons e Sálvora-.Todo un símbolo.

ABUR AMIGO¡¡¡

Xose Manuel Domínguez.
Responsable institucional de Anova - Irmanandade Nacionalista en Ogrobe.

1 comentario: