3 oct 2013

Anova – Ogrobe considera nefasta a xestión da concelleira Ayda Filgueira



Califícana de “incompetente”, que non so é incapaz de cumprir o seu programa, senón incluso  de manter os servizos que xa tiña o Concello, e que debería explicar porque dende a súa área sempre se beneficia a mesma persoa – empresa.

Jean Cocteau dixo “Un vaso medio baleiro é tamén un vaso medio cheo, pero unha mentira a medias, de ningún modo é unha media verdade”. Así e como vemos dende ANOVA - O Grove a intervención da Concelleira Aida Filguiera o pasado xoves no pleno e os reportaxes-entrevista de autobombo que sairón nos medios de comunicación ao respecto…
A realidade e que nos atopamos diante dun fraude, primeiro aos seus votantes por incumprir o seu programa eleitoral, e segunto a todos os cidadáns, porque estamos diante dunha concelleira inoperativa, que non e capaz de manter sequera todo o traballo que se estaba a facer nas súas áreas, nin de defendelas diante dos recortes que lles imponen tanto dende a Xunta de Galicia como dende seus propios socios de goberno.
A situación agrávase cando falamos dunha das 3 concellalías liberadas, que levaba meses desaparecida, nun momento de enorme afección da crise económica, do desemprego, xusto cando máis falta fan esas redes de protección que son os servizos sociais, a atención a muller, aos drogodependentes, aos enfermos. Dende ANOVA estamos convencidos de que se non fose pola enorme profesionalidade dos técnicos e empregados do Concello do Grove a situación de descontrol e descoordinación seria aínda moito peor.

Por que un fraude aos seus votantes: porque no programa eleitoral falaba de “Centro de Día” “de xestión directa do Servizos Sociais” e “regular a participación cidadán”, de “orzamentos participativos” de “Plan municipal de Atención a Discapacidade” de “defensa do Centro de Saúde” e non só nada se fixo, senón que incluso se tomaron decisións en contra. Debería explicar porque enganou as traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio, meténdoas nun caleixon sen saída, para terminar privatizando o servizo; ou porque agora parece que o Concello abandona definitivamente o proxecto de Centro de Día e semella que incluso tamén o do novo Centro de Saúde.

Falamos de engano aos veciños do Grove, porque máis ala da propaganda, o balance desta Concelleira é bastante pobre e con consecuencias negativas: Lembremos aquela proposta que afortunadamente caeu en saco roto, de integrar o Centro de Información a Muller nun servizo mancomunado con Cambados, que suporia na práctica pechar o CIM municipal e que só se aténdese no Grove uns días a semana ou mes…; ou porque segue sen facerse a avaliación do Plan de Igualdade Municipal; porque se perdeu a subvención de Dinamización, ou porque a axente de igualdade en vez de facer o seu traballo adícase a ser a súa secretaria particular…

Tamén debería explicar por que é incapaz de coordinar o traballo das distintas áreas e técnicos de Servizos Sociais que ten o Concello, ata tal punto que precisa contratacións externas para traballos que podían ser desempeñados por traballadores do propio Concello.

Ou algo moi grave, como logo de 20 anos de funcionamento, se suprimiu o Servizo de Prevención das Drogodependencias, despedindo a Técnico encargada de desenvolver as actividades nos colexios e institutos do Grove… mentres noutros concellos veciños manteñen este servizo buscando outras vías de financiamento. E incluso como permite abrir a porta a posibles recortes ou ao peche do SPAD.

Sobre área de mar pouco hai que decir, a pesar de ser a súa “especialidade”, porque nada se fixo pola súa parte; simplemente apropiarse das xestións realizadas por outras áreas do Concello e nin sequera algo tan simple como mostrar o apoio aos mariñeiros con embarcacións de artes menores que están a ter problemas para regularizar as súas embarcacións.

En conclusión, un bluf… que considera que a resolución as problemáticas sociais que hai na sociedade resolvénse con estrevistas sobre o fondo de armario, con publicidade ou con xornadas sobre gastrosexoloxía; Aida Filgueira marcharase co o triste honor de ser a primeira Concelleira que recorta e suprime servizos nas áreas de sanidade e servizos sociais no Grove. Triste balance…


HAI UNHA CONCELLEIRA NA SOMBRA??

Deixamos para o final un tema delicado… e é que no Grove moita xente pensa que HAI OUTRA CONCELLEIRA NA SOMBRA…. Que non cobra pero beneficiase enormemente do traballo destas áreas….

Aida Filgueira debería explicar cal é a relación que ten con determinada profesional e a súa empresa, para beneficiarse de todo tipo de contratacións, tanto laborais como a través da sua empresa, realizar xornadas, impartir charlas, atender persoas e incluso utilizar os medios e o despacho da propia Concelleira como se fosen os seus propios. E decir que igual vale para un roto que para un descosido…

Unha úlitma cousa, se esta Concelleira fai todo esto ou non fai e tamén porque está amparada por un goberno, que non ten a valentía de tomar decisións, e prefire deixar caer todo o traballo dos servizos sociais do Concello con tal de manter o pacto de goberno coste o que coste. Polo tanto o PP e complice e tan culpable como AMECA….

7 comentarios:

  1. Teño entendindo que esta muller tamén leva os asuntos sobre Igualdade, pois ben, ¿Onde está a igualdade na contratación de persoal para a festa do Marisco, en concreto coas caixeras?¿So as mozas fermosas de Ogrobe teñen necesidade de traballo?¿Non hai ningún home, a parte dese interventor, que da imaxe de madam de burdel?
    ¿Quen pode respostar a isto?.

    Espertemos dunha vez !!!

    ResponderEliminar
  2. André Sánchez Gálvez3 oct 2013, 23:58:00

    Eu resposto encantado: Non podo contestarlle con toda a rotundidade que me gostaría porque non estiven presente nesas seleccións. O que si podemos asegurarlle dende a asemblea local de Anova-Ogrobe é que esta "enésima" sospeita no modo de selección do persoal voluntario da festa do marisco será reclamado por escrito no Excmo. Concello de O Grove.

    André Sánchez Gálvez

    ResponderEliminar
  3. Prostituirse políticamente deste xeito, pra non ser capaz de cumplir cos seus compromisos electorales, nin facer cumplir os dos seus socios de goberno, é triste, moi triste, e si non me engano, xa vamos camiño dos 3 anos de mandato...

    ResponderEliminar
  4. E ainda por riba, disque está de baixa tamén na capitanía. A chupar de dous soldos públicos sen facer ren en ningún.

    ResponderEliminar
  5. Na capitanía xa nunca fixo nada,nin estando de alta nin de baixa; casi nunca está no seu posto de traballo. É un sueldo regalado. E como lle saiu ben aí,agora está a facer o mesmo no concello,q curiosamente tamén lle está a sair ben. Pois nada,a seguir votando por ela,polo PP e polo Pgd q son todos exactamente iguais. Pq non so o PP está sendo cómplice desta desidia de Filgueira,o PGD é igual de culpable cos outros dous. Deus os da e eles xúntanse!

    ResponderEliminar
  6. E sí,parece q o único mérito para traballar como caixeira é o de ser boa moza pq incluso se chamou a algunha q nin sequera se anotou. Se conoce q se lle acabaron as belezas da lista e tiveron q recurrir ás belezas "en casa". Vergoñento,por chamalo dalgunha forma.

    ResponderEliminar
  7. E volvendo a Aida,eu máis q xestión nefasta diría q a súa xestión é nula,inexistente. O que fixo o xoves no pleno,segundo dicía a prensa,foi explaiarse na súa intervención que é o q lle gusta a ela. Falou moitas cousas pero decir,non dixo nada como adoita facer sempre. E así nos vai e peor q nos vai a ir,por desgraza

    ResponderEliminar