·
O deputado Ramón
Vázquez presentou unha iniciativa en comisión na que se instaba á Xunta de
Galicia a asumir os seus compromisos e levar a cabo as urxentes obras de
acondicionamento no centro
Santiago
de Compostela, 23 de outubro de 2013.-
Alternativa Galega de Esquerda levou a comisión parlamentar unha iniciativa na
que se esixía á Xunta de Galicia a realización das obras de mantemento e
acondicionamento que precisa de xeito urxente o CEIP Rosalía de Castro de O
Grove e que lembran foron comprometidas por parte da Consellería de Educación
cos responsables do centro que como tantas outras promesas do goberno galego
están sen cumprir. O Partido Popular pese a non apoiar co seu voto esta
iniciativa alegando que era algo que xa estaba previsto facer, comprometéronse
en sede parlamentar a reparar a cuberta do pavillón do centro unha das
principais reivindicacións da comunidade educativa xa que o estado actual do
mesmo impide o seu uso nos días de choiva.
O deputado de
AGE, Ramón Vázquez, sinalou na súa intervención a necesidade de que o goberno
galego cumpra coas súas promesas e obrigas e realice canto antes as obras de
reparación dos baños do colexio xa orzamentadas pero aínda sen executar entre
as que se suman outras actuacións como o arranxo da fachada do edificio ou a
colocación dos elementos precisos para a adaptación do centro educativo á
normativa de seguridade e prevención de riscos actual.
Ante o
compromiso formulado por parte do PP na comisión de Educación, o deputado de
AGE, Ramón Vázquez, manifestou a súa intención de vixiar que o Partido Popular,
desta volta, si cumpra as súas promesas e acometa as obras comprometidas.
Parque infantil do CEIP Rosalía de Castro |
No hay comentarios:
Publicar un comentario