3 oct 2013

O Alcalde cuestiona a liberdade de expresión e de manifestación



Hai un par de días, o pobo de Ogrobe puido ser testemuña dunhas declaracións insólitas do noso Alcalde o señor Miguel Ángel Pérez. Nelas, mostrábase tremendamente preocupado coas posibles protestas e manifestacións de afectados por decisións de gobernos populares en plena Festa do Marisco.

Dende Anova – Irmandade Nacionalista en Ogrobe queremos amosar o nosa total e absoluta sorpresa ante estas declaracións dun representante democraticamente electo. En días como os que estamos a vivir, onde vemos como en Baralla, en Beade ou nun concello da Comunidade de Madrid, alcaldes do Partido Popular amosan ás claras, pública e notoriamente, as súas simpatías co autoritarismo franquista non podemos máis que preguntarnos se o noso rexedor tamén se sinte cómodo con este tipo de pensamento. 

Non é nada novo que os populares naceron do máis profundo e intenso réxime franquista. O realmente novo é que trinta e oito anos máis tarde da morte do ditador, a súa mentalidade de calar as protestas e alentar os símbolos e as actitudes que afondan na discriminación e na diferenza sigan vixentes e alentadas por rexedores democraticamente electos en listas do Partido Popular.

Queremos ser ben pensados e agardar que as declaracións do noso alcalde sexan un lapsus propio do extres que a 50ª edición da Festa do Marisco lle produce. Porén, ante tal sinalado aniversario a programación da festa é bastante limitada, aínda que hai que reconocerlle ó Concello o gran logro de ter escollido a un grupo cuxo líder xa está morto, como estrela de cartel.
En definitiva, Anova – Irmandade Nacionalista en Ogrobe, ante a lamentable situación á que o Partido Popular forzou cos mariñeiros afectados e ante as desafortunadas declaracións do señor Alcalde nas que se mostraba máis preocupado por que os seus amiguetes da Xunta disfrutasen dunha paparota tranquila que en favorecer a solución dos problemas de parte dos seus veciños instamos a que o señor Miguel Ángel Pérez retire as súas palabras e a que todo o pobo de Ogrobe apoie as protestas deste colectivo prexudicado pola burocracia popular durante a Festa do Marisco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario